Comunicacións
Normas de envío de comunicacións
Para participar neste congreso como poñente ou comunicante é preciso enviar unha proposta ao seguinte correo electrónico: cideal.liter21@gmail.com
A proposta de presentación terá as seguintes características:
Título provisional da proposta.
Resumen da proposta (entre 300 e 400 palabras).
Estrutura: Breve introdución, obxectivos e metodoloxía.
Entre 3 e 5 palabras chave.
Se valorará positivamente a inclusión de algunha referencia bibliográfica previa.
Unha vez que a súa proposta sexa aceptada, enviarase un correo electrónico de aviso. A partires dese momento xa poderá realizar a inscrición no congreso.
Publicacións
A data límite para que os/as autores/as entreguen a súa comunicación para a publicación posterior é o 31 de outubro de 2022.
Publicación do Libro de actas por parte da USC a través do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) dentro da colección Cadernos do Mediador.
Realizarase unha selección coas comunicacións máis relevantes, que se porporán para a súa publicación nas seguintes revistas: Ensayos: Revista de la Facultad de Educación de Albacete, Pulso. Revista de educación e Elos: Revista de Literatura Infantil e Xuvenil. En última instancia, a decisión final de publicar os artigos nestas revistas correspóndelle aos equipos editoriais das mesmas.
As comunicacións serán publicadas ao longo do ano 2023.
Normas de edición
Disponse dun modelo de estilo de uso obrigatorio en formato Word que se usará para editar o texto. Recoméndase substituír os textos de exemplo polos da comunicación, respectando e utilizando os estilos propostos. Isto facilitará todo o labor posterior de de elaboración da maqueta por parte da organización.
A extensión recomendada para as comunicacións é de 7.500 palabras máximo.
O traballo estruturarase en: “Introdución”, “Corpo do traballo”, “Conclusións”, “Referencias bibliográficas” e “Notas adicionais numeradas”.
O texto incluirá resumo e palabras chave.
As achegas poden redactarse en castelán, galego e inglés.
Non se pode modificar o título do texto final con respecto ao título da comunicación defendida. En ningún caso se poderán modificar os contidos nin o obxecto da investigación.
A extensión máxima do arquivo que se pode subir á plataforma é de 10 Mb. Se o documento ten un peso maior, debe revisarse a resolución das imaxes (100ppp é dabondo para unha edición dixital).
Todas as aportacións serán enviadas ao seguinte correo electrónico: cideal.liter21@gmail.com