BENVIDA
O grupo Liter21 da Universidade de Santiago de Compostela convoca o Congreso Internacional Educación Artística e Literaria: Proxectos interdisciplinares a debate. Trátase dun congreso multidisciplinar, un espazo de confluencia de persoal docente e investigador de todos os niveis educativos preocupados pola práctica educativa e a calidade da ensinanza. Celebrarase durante os días 16, 17 e 18 de novembro de 2022.
Nesta primeira edición debateranse propostas educativas sobre a aplicación de proxectos interdisciplinares cuxos eixes estruturais sexan a literatura, as artes plásticas e visuais e/ou a música coma fontes de innovación en todos os niveis da ensinanza. No momento de cambio no que nos atopamos, cunha importante reforma educativa pendente, preténdese reflexionar sobre o impacto que teñen, no ámbito educativo, a investigación docente e as vantaxes e fortalezas dos proxectos interdisciplinares. Perséguese, polo tanto, responder aos diferentes desafíos nos procesos de aprendizaxe derivados dunha sociedade dinámica, unha sociedade que require de novas formas de ensinanza e novos modelos educativos que deben aliñarse co que demanda unha cidadanía en constante evolución.
En definitiva, este congreso supón un punto de encontro para o intercambio de experiencias innovadoras na ensinanza das artes plásticas e visuais, a música, a lingua e a literatura en todos os niveis educativos.
NOSOS POÑENTES






DATAS CLAVE
- 30 DE XUÑO 2022: Primeiro prazo de matrícula
- 23 DE SETEMBRO 2022: Último día para a aceptación de comunicación no primeiro prazo de matrícula
- 30 DE SETEMBRO 2022: Último día para o pagamento no primeiro prazo de matrícula
- 01 DE OUTUBRO A 15 DE OUTUBRO DE 2022: Segundo prazo de matrícula
- 20 DE OUTUBRO 2022: Último día para a aceptación de comunicación no segundo prazo de matrícula
- 30 DE OUTUBRO 2022: Último día de pagamento no segundo prazo de matrícula
I Congreso Internacional de Educación Artística y Literaria: Proyectos interdisciplinares a debate
Facultad de Ciencias de la Educación – Campus Sur. – 1, Calle Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña
+34 981 553 113