Rexistro
Primeiro prazo de matrícula até o 23 de setembro para enviar propostas de comunicación.
A aceptación da comunicación realizarase antes do 15 de xullo e o pagamento da primeira matrícula poderase realizar até o 30 de setembro.
Os diferentes prezos neste primeiro prazo de matrícula abarcan dos 80 € para o estudantado, 150 € para o resto das persoas participantes que presenten comunicación e 25 € para quen queira asistir sen presentar comunicación e desexen un certificado de asistencia.
Segundo prazo de matrícula dende o 01 de outubro até o 15 de outubro.
A aceptación da comunicación realizarase antes do 20 de outubro e o pagamento poderase realizar até o 30 de outubro.
Os diferentes prezos abarcan dos 100 € para o estudantado, 180 € para as restantes persoas participantes con comunicación e 30 € para quen queira asistir sen presentar comunicación e desexen un certificado de asistencia.
Modalidade | Até o 30 de setembro | Dende o 1 de outubro |
---|---|---|
Estudantado | 80 € | 100 € |
Outras persoas participantes | 150 € | 180 € |
Persoas asistentes que desexen certificado de asistencia | 25 € | 30 € |
Datas importantes
30 DE XUÑO 2022: Primeiro prazo de matrícula
23 DE SETEMBRO 2022: Último día para a aceptación de comunicación no primeiro prazo de matrícula
30 DE SETEMBRO 2022: Último día para o pagamento no primeiro prazo de matrícula
01 DE OUTUBRO A 15 DE OUTUBRO DE 2022: Segundo prazo de matrícula
20 DE OUTUBRO 2022: Último día para a aceptación de comunicación no segundo prazo de matrícula
30 DE OUTUBRO 2022: Último día de pagamento no segundo prazo de matrícula
Reserva e condicións
CONGRESOS SANT YAGO non aceptará reservas telefónicas.
A inscrición debe realizarse cubrindo o FORMULARIO ONLINE a través da páxina web de inscrición para congresos.
Requírese o pagamento completo para obter o recibo de confirmación
O pago debe realizarse en euros. As opcións de pago son as seguintes
Tarxeta de crédito en liña: o usuario será reenviado á páxina segura do banco. Acéptanse VISA e Mastercard (NON ACÉPTASE AMERICAN EXPRESS).
Transferencia bancaria: Unha vez elixido este método de pagamento, o usuario recibirá os datos necesarios da nosa conta bancaria para realizar o pagamento. É importante que nos envíe un correo electrónico co xustificante da transferencia a congresos@santyago.es no concepto deberá indicar a LITER 2022 + o seu nome e apelidos. Unha vez comprobado o importe na conta, a súa inscrición aparecerá como pagada na súa área persoal.
BANCO: BANCO ABANCA
SWIFT: CAGLESMMXXX
IBAN: ES76 2080 0314 3430 4001 9246
Confirmación da reserva
Unha vez recibido o pagamento, CONGRESOS SANT YAGO enviaralle o recibo de confirmación.
Política da cancelación da inscrición
Todas as cancelacións ou cambios deben enviarse a CONGRESOS SANT YAGO por correo electrónico a congresos@santyago.es
As cancelacións recibidas até o 6 de novembro del 2022 reembolsaranse exceptuando 25€ por gastos administrativos.
Non se reembolsarán as cancelacións recibidas despois do 6 de novembro do 2022.